31/05/2007

CONCERTO EN CALDELAS E RESACA DE PORTO

Penso que aínda non estamos recuperados do "subidón" que causounos a curta pero intensa estancia en Porto...cando recuperemos a nosa consciencia e deixemos de pensar na Baixa, no Plano B e en toda a xente xenial, amable e xentil que arropounos ate case chegar á cama...pois cando chegue ese momento igual atrevemonos a facer unha crónica, polo de agora gardamolo no noso recordo...

E agora a voltas coa axenda. Coma sempre un cartaz pra a data sinalada.

Vai ser na fermosa paraxe onde xurde o chiringuito de Caldelas, á beira do Miño, un local acolledor e carismático.
Xa sabedes...senón tendes esta data sinalada no voso calendarío tachade o 8 cunha C.O.
Apertas a tod@s