
Todo isto témosllo que agradecer a Audiencia Zero e a outro amigo que pensamos tamén serveu de axuda pra achegarnos a esta asociación con tan boas propostas.
Deixando a un lado a nosa axenda toca agora falar dunha nova que chegounos hai cousa de dúas semanas da man do Sr.Regueifeiro. O asunto é que dende comezos de Febreiro ate o día de hoxe o noso disco colgado en A Regueifa xa sobrepasou as 1.000 descargas. As orugas están que non paran con isto das descargas e o seu sorriso constante demostra o momento de alegría que viven. Con este xesto no rostro o Domingo 13 deste mes viaxaron ate Compostela pra seren entrevistados polo Sr.Vincent Jalo no seu programa(vangarda nas radios galegas) Radio Oceánica(en breves poderedes ecoitalo na súa páxina). Alí tamén atopámonos cun dos nosos mentores mediáticos e que tamén conta cun programa vangarda, el é o Sr.Sak e o seu programa é o E-Music (que por certo quen queira conseguir un disco do colectivooruga gratuitamente pode entrar na páxina do programa pra informarse).
Pois ate aquí as novas do colectivooruga.
Unha aperta a todos.