
(Xa hai tempo que deberiamos ter colgado este post pero por unhas cousas ou por outras foise retrasando)
A Primeira Mostra Internacional de Videocreación de O Condado nace coa intención de dinamizar a asolagada vida cultural que vivimos nesta comarca.
O seu carácter é aberto e poden participar nela tódolos creadores que entendan a súa obra como videocreación.
A organización non terá en conta os medios técnicos utilizados para realizar as obras(videocámaras,móbiles,fotografía, animación...) senón o seu carácter anovador, creativo e vangardista. Iso si a obra a presentar ten que ter unha resolución óptima para que a súa proxección sexa posible.
Así que animádevos os que teñades algo que contar xa que o MIVICO premiará as millores obras con suculentas dotacións económicas e....gastronómicas (esto último é de coña)
Podedes atopar información e as bases nos seguintes enlaces:
http://mivico.blogspot.com
http://www.myspace.com/mivicovideo
ou enviando un correo a:
mivico@quadraproducions.com
MIVICO está organizado por QUADRA PRODUCIÓNS