12/07/2007

NOVAS











O vídeo realizado por Cuco (o vingador e Vj Paradigma, :p) foi seleccionado para ser proxectado na II SEMANA DE CINE POP DE CÁCERES.

























O colectivooruga ven de colaborar co café Nosolomusica de Salvaterra de Miño pra organizar unhas pequenas xornadas culturais onde vai ter cabida diferentes tendencias músicais que viaxarán dende as sons máis clásicas ás máis vangardistas.
Tamén haberá un día adicado á imaxe onde exporanse algúns dos traballos recibidos para a I MOSTRA INTERNACIONAL DE VIDEOCREACIÓN DE O CONDADO. O MÍVICO comeza aquí a súa singradura a modo de previo antes de comenzares a súa itinerancia.
Desexámoslle moita sorte e longa vida...




Outra das sorpresas recibidas esta semana ten que ver co festival que están a organizar unha xente caralluda de Valga(Asociación os Penoucos) e que apostan polo made in Galiza pra montar un cartelazo onde vaise xuntar do mellorciño que temos no país.

Un pracer poder participar nesta iniciativa á que tamén lle desexamos o millor dos comezos posibles.