
A vida no Laboratorio foi moi gratificante e parte do noso actual traballo xerouse a raiz das intensas xornadas de plena dedicación e á vez divertimento que pasabamos no Local do laboratorio, día tras día, noite tras noite...creo que significou algo máis que unha simple convivencia, penso que nos deixou unha tara na memoria imborrable e uns cantos productos de calidade como Inri (estimulante que se suministraba por vía auditiva e que producía sensacións de rabía contida e estrés sonoro) ou CatFishCorner-O recuncho do peixe gato (similar ó anterior pero con pretensións culturais máis amplas e eclécticas, unha pena que tódolos seus compoñentes non fragoasen).
Dos seis bío-músicos que formabamos á plantilla do laboratrio todos mantivemos contactos músico-culturais diversos, Toñi continuou duramente o seu adestramento na arte ritmica do seu corpo e mente, Tin e Iago uníronse a un novo pero vello laboratorio do noso pobo, os Laboratorios Meix (de Los Increibles Meix e co que tamén eu tiven relación), Samu abandonou, en parte, as súas labores de bío-músico para prosegiuir cos seus experimentos psico-pictóricos e na actualidade vive nun loft diseñado por él nunha fábrica de comida para periquitos abandonada de New York (ou algo polo estilo-a que sí Samu-), e por último Alex e Eu que logo de dar voltas colaborando con outros colegas e de experimentar individualmente coas novas tecnoloxías decidimos crear un novo Laboratorio (Laboratorio Oruga, do Colectivooruga) co fin de unificar as dúas vertientes sonoras e crear un proxecto aberto a novas formas de expresión ("entendemos este proxecto como unha expresión artística, fundamentalmente musical, que ten como obxectivo a creación propia e a fusión co resto das artes")
Iago.colectivooruga